ESTA CERVEXA,
NON SE FABRICA
COLLÉITASE
O LÚPULO É UNHA PLANTA TAN
ROBUSTA COMA DELICADA, QUE
CULTIVAMOS CON DEDICACIÓN
E GRANDES COIDADOS.
A SEMENTEIRA
As plantas tardan entre dous e tres anos en empezar a trepar con forza e producir as suficientes flores.
Durante estes dous primeiros anos protexemos as plantas das pragas e enfermidades para garantir a súa prosperidade. O noso obxectivo é que as plantas arraiguen e se preparen de cara ao terceiro ano.
CRECEMENTO
Guiamos o crecemento vertical das plantas e facilitamos a súa recollida con trepas, elaboradas de material 100 % compostable.
Entre abril e maio asoman os primeiros gromos. Selecciónanse os mellores e enróscanse de forma manual nas trepas, grazas ao coñecemento e destreza dos nosos agricultores.
1913
HISTORIA
JOSÉ MARÍA RIVERA E LEOPOLDO HERNÁNDEZ TRAEN O LÚPULO A GALICIA
O fundador de La Estrella de Galicia, José María Rivera Corra, xunto co enxeñeiro agrónomo Leopoldo Hernández Robredo, traen a Galicia as primeiras sementes da variedade de lúpulo golding desde Inglaterra. Ambos saben que o lúpulo xa se daba de forma espontánea nas ribeiras dos ríos galegos, así que confían na adaptación da especie ao clima galego.
1915
HISTORIA
O CULTIVO DO LÚPULO ASENTA NA COMARCA DE BETANZOS
O desabastecemento de materias primas provocado pola Primeira Guerra Mundial leva a José María Rivera Corral a impulsar un proxecto experimental de cultivo de lúpulo en España. Este ensaio, realizado na Granxa Agrícola Experimental da Coruña, deu bos resultados e o cultivo de lúpulo asentou na comarca de Betanzos varias décadas.
1930 / 50
HISTORIA
SERVIZO OFICIAL PARA O FOMENTO DO CULTIVO
Establécese en Betanzos o Servizo Oficial para o Fomento do Cultivo do Lúpulo e, posteriormente, ante as dificultades de aprovisionamento provocadas pola Segunda Guerra Mundial, faino tamén a Sociedade Anónima Española de Fomento do Lúpulo.
1950
1960
HISTORIA
PRIMEIRA FÁBRICA PARA A RECOLLIDA E PROCESAMENTO DO LÚPULO
A produción do lúpulo aumentou de forma espectacular e acada o seu maior pico produtivo en 1963, con 240 toneladas colleitadas de lúpulo seco.
1970 / 82
HISTORIA
A PRODUCIÓN DE LÚPULO TRASLÁDASE A LEÓN
As dificultades deste cultivo e o cambio no sector cara a outras variedades trasladaron a produción a outras rexións, como León, onde actualmente se localizan as principais colleitas do noso país.
2004
HISTORIA
RECUPERACIÓN DO CULTIVO DO LÚPULO EN GALICIA
Iniciamos un novo proxecto de cultivo de lúpulo 100 % galego en colaboración co CIAM (herdeiro da Granxa de Experimentación Agraria da Coruña) e a Sociedade Española de Fomento do Lúpulo. En 2006 lanzamos a nosa primeira cervexa elaborada con lúpulo galego exclusivamente.
2008
HISTORIA
EXPERIMENTAMOS CON NOVAS VARIEDADES DE LÚPULO EN GALICIA
Co apoio de Hijos de Rivera fúndase a cooperativa LUTEGA. Adquirimos novas parcelas para incrementar a superficie de cultivo de lúpulo propio en Galicia e ensaiamos novas variedades como cascade, merkur, admiral, sladek, taurus e colombus.
2013
HISTORIA
PROGRESA O CULTIVO DO LÚPULO PLANTADO EN 2004
Conseguimos cultivar lúpulo en ecolóxico na primeira parcela na que se plantou lúpulo alá por 2004 seguindo os procedementos marcados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia.
ACTUALIDADE
HISTORIA
NACE LUPIA, A CERVEXA QUE NON SE FABRICA, COLLÉITASE
Co obxectivo de protexer o lúpulo, gravemente ameazado pola emerxencia climática, impulsamos en 2024 o proxecto Ekonuke de cultivo de lúpulo hidropónico, unindo tecnoloxía e coñecemento científico para dotar de resiliencia e sostibilidade esta especie.
-
1913
-
1915
-
1930
-
1950
-
1970
-
2004
-
2008
-
2013
-
ACTUALIDADE
Gústache estar ao tanto de todo?
Entérate antes ca ninguén dos nosos novos produtos, eventos, experiencias e moito máis.