Todo x el lúpulo

Es... maior

de idade?

Confirma que tes máis de 18 anos
Sticker I Hope You
Sticker Toque Automático
Sticker Cosecha Propia
Sticker Carallo Que Boa!
Sticker Tan Herbal Tan Sabrosa
Sticker Herbal Touch

HERBAL    NUGGET

Sen renunciar aos sabores asiáticos ou latinoamericanos, apostaremos pola cociña atlántica e mediterránea elaborada de xeito tradicional, con produtos de proximidade e respectando a estacionalidade.

Verduras

Preparacións como o rustrido, o pisto ou salsas como a zaragallada maridan á perfección e poden incorporarse a unha ampla variedade de pratos. Tampouco faltarán grelos, coliflor, cebola, allo e algunha herba aromática que realce o sabor do lúpulo.

Peixes

Se nos decantamos polos peixes azuis, as mellores opcións serán as salgaduras, os mariñados e os escabeches. Pola súa parte, os peixes brancos combinan especialmente ben con guisos mariñeiros ou preparacións á galega acompañadas de salsas como a allada.

Carnes

As aves son a opción ideal. Asadas, acompañadas de salsas tradicionais como a pepitoria, en escabeche ou elaboradas cos seus propios zumes, ofrecen excelentes posibilidades de maridaxe. Nos aperitivos, os embutidos de porco de longa curación resultan máis axeitados ca os queixos, que neste caso é preferible servir frescos.

  • Lúpulo nugget de colleita propia
  • Auga da Coruña
  • Malte pilsen
  • Malte vienna
  • Malte ácido
  • Malte Caramunich III
  • Malte afumado
  • Lévedo lager de Hijos de Rivera

Fase visual

Cervexa de brillante e nítida cor dourada, con gran transparencia. A escuma, branca e cremosa, presenta boa persistencia e retención.

Fase olfactiva

O lúpulo Nugget galego é o gran protagonista, achegando notas herbais e especiadas, sustentadas por unha sólida base de maltes pálidos que proporcionan aromas a codia de pan e un perfil limpo de fermentación lager.

Fase gustativa

En boca, os grans adquiren maior protagonismo, revelando notas de panadaría que equilibran o lúpulo e destacan unha rica maltosidade. Esta prolongase no posgusto, achegando unha agradable sensación de redondez. As notas herbais do lúpulo aparecen inicialmente en boca e evolucionan cara a un final picante e especiado.

 

Araña de Percepciones Herbal Nugget
Lupia Herbal Nugget Botella

LÚPULO NUGGET DE GALICIA

Levamos desde o ano 2004 recuperando o cultivo de lúpulo en Galicia. Pasados 20 anos, temos suficiente para lanzar Lupia. A variedade Nugget é a que mellor se adaptou e o seu aroma herbal devólvenos á orixe: o campo. O noso Nugget no ano 2023 contén un 10,3 % de resinas amargas (alfaácidos) e os seus aceites esenciais presentan altos niveis de aromas herbais (mirceno e humuleno) e especiados (cariofileno).

 

DESCRICIÓN DO ESTILO

En 1838, os taberneiros da cidade de Pilsen protestaron pola mala calidade da cervexa local. Como resultado daquela reivindicación e empregando ingredientes locais, creouse o estilo de cervexa Czech Premium Pale Lager, dando comezo á era da cervexa moderna. E é que... ás veces hai que plantarse!

 

PROCESO DE ELABORACIÓN

Coma os taberneiros de Pilsen, quixemos elaborar unha cervexa na que o noso lúpulo Nugget de Galicia tivese todo o protagonismo. Unha Galician Premium Pale Lager? Realizamos dúas adicións de lúpulo: unha ao comezo da fervura do mosto para achegar amargor e outra aos 45 minutos para potenciar o sabor e o aroma.

 

TODO x EL LÚPULO ▱